Iniciativas dos centros de formación profesional fronte ao COVID-19

Desde o inicio da crise sanitaria que culminou coa declaración do estado de alarma ante a pandemia do COVID-19, a formación profesional galega envorcouse en colaborar con iniciativas e xestos solidarios. Esta resposta pon de manifesto a capacidade dos centros de FP para por en marcha actuacións creativas e innovadoras destinadas a axudar nestes momentos difíciles.