GaliciaSkills 2012

II CAMPIONATO GALEGO DE FORMACIÓN PROFESIONAL, GALICIASKILLS 2012

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca o II Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2012, tras o éxito conseguido na primeira edición e referendado polos nosos competidores no campionato estatal SpainSkills 2011, no que se conseguiron dez medallas. Organizado pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, e enmarcado en Spainskills e na organización internacional Worldskills, Galiciaskills 2012 pretende darlle unha maior proxección e difusión á formación profesional que se imparte na nosa comunidade autónoma.

Este campionato consistirá no desenvolvemento de 20 competicións que se celebrarán ao longo do mes de outubro de 2012.

Destinatarios

  • Os competidores serán alumnos matriculados en ciclos formativos que voluntariamente queiran participar, e terán unha idade máxima de 21 anos cumpridos durante o ano 2012.
  • Cada centro poderá presentar a este campionato un competidor por skill, coa excepción do skill de xardinaría paisaxística, no que participarán dous alumnos por centro. Será o centro quen determine o sistema de selección dos seus competidores.
  • Ao competidor acompañarao un profesor do centro, que actuará como o seu titor e que se encargará da súa preparación para a competición. Non poderá existir ningún tipo de contacto nin intercambio de información durante a realización das probas entre o competidor e o seu titor.
  • Deberá haber un compromiso do centro e do titor para preparar e formar o alumno gañador de cara á súa participación no campionato estatal da formación profesional SpainSkills, que se celebrará do 28 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2013, conforme as directrices técnicas dese campionato.

Bases do Campionato Galiciaskills 2012  

 - Ver bases

Skills en competición

Estas competicións levaranse a cabo tomando como referencia as descricións técnicas e as probas de referencia que se van utilizar en SpainSkills 2013. Entanto que non estean elaboradas as descricións técnicas de cada skill para a competición de GaliciaSkills 2012, como información utilizaranse as descricións técnicas da edición de Spainskills 2011 (premer no nome de cada skill para obter esta información).

A continuación relación de skills nos que haberá competición e centros educativos nos que se desenvolverá cada unha delas.


 
Skill Sede da competición
   
06 Torneado IES Politécnico de Vigo
     
07 Fresado IES Politécnico de Vigo
     
12 Solado e alicatado CIFP Porta da Auga 
     
13 Reparación de carrozarias de vehículos CIFP Ferrolterra
     
16 Electrónica CIFP Politécnico de Santiago
     
17 Deseño web IES Muralla Romana
     
19 Control industrial IES Urbano Lugrís
     
24 Ebanistaría CIFP A Xunqueira
     
25 Carpintaría CIFP A Xunqueira
     
29 Perrucaría CIFP Someso
     
30 Coidados de beleza IES de Teis
     
31 Tecnoloxía da moda CIFP Paseo das Pontes
     
32 Pastelaría CIFP Compostela
     
33 Tecnoloxía do automobil CIFP Ferrolterra
     
34 Cociña CIFP Paseo das Pontes
     
35 Servizo de restaurante CIFP Compostela
     
36 Pintura de vehículos CIFP Ferrolterra
     
37 Xardinaria paisaxística CIFP A Granxa
     
39 TI PC Soporte de rede San Clemente
     
40 Deseño gráfico IES Leixa
     

De seguido, táboa con cada skill e os ciclos formativos asociados.

Skills e ciclos formativos asociados

Participación

Os centros que queiran presentar competidor a calquera dos skills arriba relacionados deberán facer efectiva a súa participación en GaliciaSkills 2012 cubrindo a seguinte solicitude de inscrición:

Solicitude de inscrición

Esta deberá remitirse, entre o día 1 de febreiro e o día 31 de marzo de 2012 (este prazo amplíase ata o 20 de abril), ao seguinte enderezo de correo electrónico sxopre@edu.xunta.es.

Comité organizador

O comité organizador está constituído por persoal da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e representantes das empresas patrocinadoras, naqueles skills en que se conte coa súa colaboración.

Xurado

Para cada skill haberá un xurado responsable da avaliación dos participantes, que será nomeado pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Estará composto por profesorado de formación profesional das especialidades correspondentes e profesionais recoñecidos do sector. A súa decisión será inapelable.

Premios 

Haberá dous premios por cada skill. O alumnado gañador do primeiro premio en cada skill competirá representando a Galicia na Olimpíada de Formación Profesional, SpainSkills 2013, que se celebrará en Madrid do 28 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2013. Este alumnado, xunto con tres xefes de equipo (profesores titores), conformarán o equipo galego que representará a nosa comunidade autónoma en SpainSkills 2013.

Recoñecementos 

  • Alumnado: todos os participantes recibirán un diploma acreditativo de ter participado en GaliciaSkills 2012.
  • Profesorado: o profesorado que participe en Galiciaskills 2012 (expertos e titores) recibirá a correspondente certificación de participación na actividade de innovación educativa Galiciaskills 2012, cunha equivalencia de 15 horas de formación permanente do profesorado. 
- Ver folleto Galicia Skills 2012

 

Información sobre as distintas competicións do GaliciaSkills 2012

Descrición, programa e xurado de cada unha das competicións do II Campionato Galego da Formación Profesional Galiciaskills 2012.

- Ver información

Data e sede de cada competición Galiciaskills 2012. 

- Ver información

Participantes: centros, alumnado e profesorado nas distintas competicións do Galiciaskills 2012.

- Ver información

Galería de imaxes de cada competición Galiciaskills 2012.

- Accede áos álbums

Gañadores de cada competición Galiciaskills 2012.

- Ver información

Etiquetas: