FP a distancia. Acceso

As condicións de acceso son as seguintes:

  • Ter cumpridos dezaoito anos ou cumprilos no ano natural en que comece o curso escolar (excepcionalmente, persoas maiores de dezaseis anos que teñan un contrato laboral, ou que sexan deportistas de alto rendemento).
  • Posuír o título de graduado en ESO ou equivalente (para ciclos formativos de grao medio), ou o título de bacharelato ou equivalente (para os ciclos formativos grado superior).
  • Ter superada a proba de acceso a ciclos formativos de FP de grao medio ou de grao superior, segundo o caso.
  • Malia o anterior, as persoas adultas que non cumpran os requisitos anteriores poderán cursar ofertas de módulos profesionais asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, sempre que teñan acreditada unha experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de dous anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo que se desexe cursar.
Etiquetas: