Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Planificar e promocionar destinos turísticos de base territorial, informar sobre eles, e guiar e asistir persoas viaxeiras e clientes nestes destinos, así como en terminais, en medios de transporte, en eventos e noutros destinos turísticos.

En que ámbitos se traballa?

No sector turístico, entendido este no seu sentido máis amplo, o que abrangue calquera ti-po de eventos, terminais de viaxeiros e empresas de transporte, ademais das áreas turísti-cas tradicionais, como destinos e puntos de información, entre outros. Ademais, tense ca-pacitación para crear e implantar plans e actividades de desenvolvemento locais, en rela-ción co mesmo sector. Trátase de persoal traballador por conta allea ou por conta propia, incluíndo a posibilidade de ocupar postos na Administracións ou en entes de característi-cas similares (consorcios, padroados, etc.).

Que ocupacións se desempeñan?
Guía local
Guía acompañante
Guía en lugares onde se localicen bens de interese cultural
Informador/ora turístico/a
Xefe/a de oficinas de información
Promotor/ora turístico/a
Técnico/a de empresa de consultoría turística
Axente de desenvolvemento turístico local
Azafata/asistente en medios de transporte terrestre ou marítimo
Asistente en terminais (estacións, portos e aeroportos)
Encargado/a de facturación en terminais de transporte
Asistente en feiras, congresos e convencións
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP0383 Destinos turísticos 213
MP0171 Estrutura do mercado turístico 133
MP0389 Formación e orientación laboral 107
MP0179 Inglés profesional 160
MP0173 Márketing turístico 160
MP0384 Recursos turísticos 187
MP0387 Deseño de produtos turísticos 140
MP0390 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP0391 Formación en centros de traballo 384
MP0386 Procesos de guía e asistencia turística 105
MP0172 Protocolo e relacións públicas 105
MP0388 Proxecto de guía, información e asistencia turísticas 26
MP0180 Segunda lingua estranxeira 157
MP0385 Servizos de información turística 70
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Guía, información e asistencia turísticas

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia
Lugo
Monforte de Lemos
Pontevedra