Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 400 horas
Que se aprende a facer?

Desenvolver proxectos de robótica colaborativa, tanto de brazos robóticos como de robots móbiles autónomos, así como realizar a montaxe, a posta en marcha e o mantemento dos devanditos sistemas, respectando criterios de calidade, seguridade, accesibilidade e respecto ambiental.

En que ámbitos se traballa?

As persoas que obteñan o certificado que acredita a superación deste curso de especialización poderán exercer a súa actividade en empresas públicas e privadas de todos os sectores produtivos, por conta tanto allea como propia, desempeñando o seu traballo na área de deseño, desenvolvemento, montaxe, mantemento ou consultoría de actividades relacionadas coa robótica colaborativa.

Que ocupacións se desempeñan?
Xefe/a de equipo de supervisión de montaxe de sistemas de robótica colaborativa
Xefe/a de equipo de supervisión de mantemento de sistemas de robótica colaborativa
Proxectista de sistemas de robótica colaborativa
Técnico/a de posta en marcha de sistemas de robótica colaborativa
Programador/a de robots colaborativos
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP5088 Configuración e programación 181
MP5089 Robots móbiles autónomos 81
MP5087 Robótica colaborativa 81
MP5090 Seguridade e mantemento 57
Que título se obtén?

Máster de Formación Profesional en Robótica colaborativa.

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
O Oferta ordinaria presencial
E Oferta ordinaria a distancia
Ourense
Pontevedra
Vilagarcía de Arousa