Folletos Web Ciclo

CSS



Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías de operación
Curso de Especialización - Grao Superior
Título LOOIFP
Duración: 720 horas
Que se aprende a facer?

Definir e pór en práctica estratexias de seguridade nas organizacións e nas infraestruturas industriais, mediante a realización de diagnósticos de ciberseguridade e a identificación de vulnerabilidades, así como a execución das medidas necesarias para as arranxar, aplicando a normativa e os estándares do sector, consonte protocolos de calidade, de prevención de riscos laborais e de respecto ambiental.

En que ámbitos se traballa?

Organizacións de diversos sectores, nas que cumpra establecer e garantir a seguridade dos procesos industriais que desenvolven.

Que ocupacións se desempeñan?
Experto/a en ciberseguridade en contornas da operación
Auditor/a de ciberseguridade en contornas da operación
Consultor/a de ciberseguridade e analista de ciberseguridade en contornas da operación
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP5030 Análise forense en ciberseguridade industrial 180
MP5027 Ciberseguridade en proxectos industriais 100
MP5029 Redes de comunicacións industriais seguras 140
MP5031 Seguridade integral 180
MP5028 Sistemas de control industrial seguros 120
Que título se obtén?

Máster de Formación Profesional en Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías de operación.

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
O Oferta ordinaria presencial
E Oferta ordinaria a distancia
A Coruña
Ourense
Ourense
Pontevedra