Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Elaborar a documentación técnica de proxectos de obra civil e de ordenación do territorio, realizar levantamentos e implantacións de obras de construción e xestionar o control documental para a súa execución, respectando a normativa e as condicións establecidas de calidade, seguridade e ambiente.

En que ámbitos se traballa?

Como traballadores autónomos ou asalariados en estudos de delineación, de arquitectura e de enxeñaría, promotoras, empresas de servizos técnicos e consultorías, empresas construtoras, concesionarias e de explotación, e empresas doutros sectores cuxas actividades presenten unha marcada incidencia territorial con actividades de explotación de recursos naturais e Administracións públicas. A súa actividade está regulada.

Que ocupacións se desempeñan?
Delineante proxectista de estradas
Delineante proxectista de urbanización
Delineante de obra civil
Delineante de servizos urbanos
Práctico en topografía
Especialista en levantamento de terreos
Especialista en levantamento de construcións
Especialista en implantacións
Aparellista
Delineante de topografía
Axudante de xefe/a de oficina técnica
Axudante de planificador/ora
Axudante de técnico/a de control de custos
Técnico/a de control documental
Maquetista de construción
Delineante proxectista de redes e sistemas de distribución de fluídos
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP0562 Estruturas de construción LOOIFP
MP0565 Implantacións de construción
MP0179 Inglés profesional
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP0770 Redes e servizos en obra civil
MP0563 Representacións de construción
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP0769 Urbanismo e obra civil
MP0773 Desenvolvemento de proxectos de obras lineais LOE
MP0772 Desenvolvemento de proxectos urbanísticos
MP0776 Empresa e iniciativa emprendedora
MP0777 Formación en centros de traballo
MP0771 Levantamentos topográficos
MP0564 Medicións e valoracións de construción
MP0566 Planificación de construción
MP0774 Proxecto en obra civil
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Proxectos de obra civil

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial
A Coruña
Coruña, A
Santiago de Compostela