Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Montar e manter instalacións de telecomunicacións e audiovisuais, instalacións de radio-comunicacións e instalacións domóticas, de acordo coa normativa, a regulamentación e os protocolos de calidade, seguridade e riscos laborais, de xeito que se asegure a súa funcio-nalidade e o respecto ambiental.

En que ámbitos se traballa?

En microempresas e en empresas pequenas e medianas, maioritariamente privadas, por conta propia ou allea, nas áreas de montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomu-nicación, instalacións de circuíto pechado de televisión e seguridade electrónica, centrais telefónicas e infraestruturas de redes de voz e datos, sonorización e megafonía, instala-cións de radiocomunicacións, sistemas domóticos e equipamentos informáticos.

Que ocupacións se desempeñan?
Instalador/ora de telecomunicacións en edificios de vivendas
Instalador/ora de antenas
Instalador/ora de sistemas de seguridade
Técnico/a en redes locais e telemática
Técnico/a en instalación e mantemento de redes locais
Instalador/ora de telefonía
Instalador/ora montador/ora de equipamentos telefónicos e telemáticos
Técnico/a en instalacións de son
Instalador/ora de megafonía
Instalador/ora mantedor/ora de sistemas domóticos
Técnico/a instalador/ora mantedor/ora de equipamentos informáticos
Técnico/a en montaxe e mantemento de sistemas de radiodifusión
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP0359 Electrónica aplicada LOOIFP
MP0360 Equipamentos microinformáticos
MP0156 Inglés profesional
MP0363 Instalacións de megafonía e sonorización
MP0365 Instalacións de radiocomunicacións
MP0362 Instalacións eléctricas básicas
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP0364 Circuíto pechado de televisión e seguridade electrónica LOE
MP0367 Empresa e iniciativa emprendedora
MP0368 Formación en centros de traballo
MP0237 Infraestruturas comúns de telecomunicacións en vivendas e edificios
MP0361 Infraestruturas de redes de datos e sistemas de telefonía
MP0238 Instalacións domóticas
Que título se obtén?

Título de Técnico en Instalacións de telecomunicacións

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial
Ourense
Ourense