Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Realizar operacións auxiliares na montaxe e no mantemento de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións en edificios, así como operacións básicas de fabricación e montaxe para fabricación mecánica, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose de xeito oral e escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

En que ámbitos se traballa?

Actividades por conta allea en grandes, medianas e pequenas empresas dedicadas á fabricación e á montaxe de produtos mecánicos e electromecánicos, así como á montaxe e ao mantemento de instalacións electrotécnicas de edificios, vivendas, oficinas e locais comerciais e industriais, baixo a supervisión de persoal de nivel superior. A actividade está regulada polo regulamento electrotécnico de baixa tensión e pola normativa das infraestruturas comúns de telecomunicacións.

Que ocupacións se desempeñan?
Operario/a de instalacións eléctricas de baixa tensión
Axudante/a de montador/ora de antenas receptoras de radio, televisión terrestre e televisión por satélite
Axudante/a de instalador/ora e reparador/ora de equipamentos telefónicos e telegráficos de instalacións telefónicas
Axudante/a de instalador/ora de equipamentos e sistemas de comunicación
Peón da industria de produción e distribución de enerxía eléctrica de industrias manufactureiras
Auxiliares de procesos automatizados
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
AM3009 Ciencias aplicadas I LOOIFP
AM3011 Comunicación e ciencias sociais I
MP3013 Instalacións eléctricas e domóticas
MP3159 Itinerario persoal para a empregabilidade
MP3020 Operacións básicas de fabricación
MP3021 Soldadura e carpintaría metálica
MP3022 Carpintaría de aluminio e PVC LOE
AM3010 Ciencias aplicadas II
AM3012 Comunicación e ciencias sociais II
MP3081 Formación en centros de traballo
MP3014 Instalacións de telecomunicacións
Que título se obtén?

Título de Técnico básico en Instalacións electrotécnicas e mecánica

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
O Oferta ordinaria presencial
Pontevedra