Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Realizar operacións auxiliares na montaxe e no mantemento de elementos e equipamentos eléctricos e electrónicos, así como en instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións para edificios e conxuntos de edificios, aplicando as técnicas requiridas, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

En que ámbitos se traballa?

Actividades por conta allea en empresas de montaxe e mantemento de instalacións electrotécnicas de edificios, vivendas, oficinas, locais comerciais e industriais, con supervisión de nivel superior e baixo a regulación do Regulamento Electrotécnico de baixa Tensión e da Normativa das Infraestruturas Comúns de Telecomunicacións.

Que ocupacións se desempeñan?
Operario/a de instalacións eléctricas de baixa tensión
Axudante de montador/ora de antenas receptoras de televisión e satélites
Axudante de instalador/ora e reparador/ora de equipamentos telefónicos e telegráficos
Axudante de instalador/ora de equipamentos e sistemas de comunicación
Axudante de instalador/ora reparador/ora de instalacións telefónicas
Peón da industria de produción e distribución de enerxía eléctrica
Axudante de montador/ora de sistemas microinformáticos
Operador/ora de ensamblaxe de equipamentos eléctricos e electrónicos
Auxiliar de mantemento de equipamentos eléctricos e electrónicos
Probador/ora axustador/ora de placas e equipamentos eléctricos e electrónicos
Montador/ora de compoñentes en placas de circuíto impreso
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
AM3009 Ciencias aplicadas I LOOIFP
AM3011 Comunicación e ciencias sociais I
MP3015 Equipamentos eléctricos e electrónicos
MP3013 Instalacións eléctricas e domóticas
MP3159 Itinerario persoal para a empregabilidade
AM3010 Ciencias aplicadas II LOE
AM3012 Comunicación e ciencias sociais II
MP3018 Formación en centros de traballo
MP3016 Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos
MP3014 Instalacións de telecomunicacións
Que título se obtén?

Título de Técnico básico en Electricidade e electrónica

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
O Oferta ordinaria presencial