Proxectos KA107

A Comisión Europea recoñece a importancia da dimensión internacional extra-europea, permitindo ás Institucións de Educación Superior (IES) que posúen a Carta Erasmus de Educación Superior a solicitude de fondos Erasmus+ para apoiar a mobilidade de estudantes e persoal cara e desde países de fóra de Europa.

A acción KA107 é tamén coñecida como Mobilidade Internacional para a Obtención de Créditos Académicos (International Credit Mobility). Esta acción baséase na experiencia e o éxito dos antigos programas europeos de educación superior (Alfa, Edulink, Erasmus Mundus e Tempus).

Seguindo esta liña, as IES puideron solicitar a través da Axencia Nacional (SEPIE Servizo Español para a Internacionalización da Educación) mobilidades de persoal, mobilidades de estudos, ou unha combinación das dúas.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade conta cun proxecto KA107-2019 aprobado. Este proxecto suporá a posibilidade de que tanto alumnado como profesorado poidan realizar mobilidades en diferentes destinos a nivel mundial. 

Os destinos do proxecto KA107-2019 da Consellería son:

  • ICD América Latina: México e Paraguai
  • ICD Asia: India e Tailandia
  • IEV Mediterráneo Meridional: Exipto e Xordania
  • IPA Balcanes Occidentales: Bosnia-Hercegovina
  • Rexión 11-ACP: Cabo Verde e Kenia

Información e contacto:

Asesoría de programas internacionais FP
Correo eléctrónico: programas.europeosfp@edu.xunta.gal