Proxectos KA103 2020-2023

O programa Erasmus+ 2014 - 2020 comprende os proxectos de mobilidade KA103 para o alumnado e o profesorado de ciclos formativos de grao superior. A Dirección Xeral de Formación Profesional presentou o proxecto PraxEuropa 2020-1-ES01-KA103-079499, que foi aprobado polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) na convocatoria de 2019.

Este proxecto permitirá ao alumnado realizar prácticas en empresas e ao profesorado realizar un job shadowing en empresas ou institucións educativas, de diferentes países da Unión Europea dende agosto de 2022 ata maio de 2023 e supón unha continuidade desde a convocatoria de 2013 na participación da Dirección Xeral Formación Profesional nos proxectos de mobilidade para o alumnado de ciclos de formación profesional de grao superior.

Na xestión do proxecto participan os coordinadores de programas internacionais destes centros.

A finalidade deste proxecto é incrementar o número de mobilidades dos estudantes de ciclos formativos de grao superior nos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia para que melloren a súa formación lingüística e cultural, o coñecemento de diferentes formas de produción, deseño, materiais e formas de traballo noutros países da Unión Europea.

Resolución da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade para o alumnado e profesorado de ciclos formativos de grao superior de centros docentes públicos que imparten formación profesional e que forman parte do consorcio de mobilidade que desenvolverá un proxecto KA103 con múltiples beneficiarios no marco do programa Erasmus+. Convenio 2020-1-ES01-KA103-079499. Acceda á Resolución.

Publicada a corrección de erros da Resolución da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade para o alumnado e o persoal de ciclos formativos de grao superior de centros educativos públicos que imparten formación profesional e que forman parte do Consorcio de Mobilidade que desenvolverá un proxecto KA103 con múltiples beneficiarios no marco do Programa Erasmus+ Proxecto 2020-1-ES01-KA103-079499. Acceda á corrección de erros.

Información e contacto:

Asesoría de Programas Europeos FP
Correo eléctrónico: programas.europeosfp@edu.xunta.gal

Programa de acción no ámbito da aprendizaxe permanente