Convocatoria do programa eduemprende Atrévete 2021-2022

Este programa, que se desenvolve no marco do Plan Eduemprende, nace da colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e diferentes asociacións e grupos empresariais, para impulsar e fomentar a cultura emprendedora entre o alumnado, motivándoo e sensibilizándoo no espírito emprendedor.

Os obxectivos deste programa son:

  • Dar a coñecer e achegar ao alumnado o tecido industrial da súa contorna e as empresas das diferentes asociacións colaboradoras.
  • Dar a coñecer ao alumnado das etapas obrigatorias os centros punteiros e de referencia na formación profesional, así como as saídas profesionais das ensinanzas impartidas nos mesmos.
  • Promover o desenvolvemento de competencias persoais e sociais, relacionadas co emprendemento, que fomenten un espírito crítico, proactivo e colaborativo entre o alumnado.

Esta convocatoria vai dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria dos centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais a contar desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Portal Educativo, é dicir, desde o 9 ata o 23 de novembro de 2021.

A solicitude debe remitirse asinada polo/a director/a do centro educativo. Os anexos deben enviarse en formato pdf, cubertos dixitalmente, e non como documento escaneado.

Etiquetas: