O CIFP Ferrolterra seleccionado entre os proxectos Erasmus+ de Asociacións Estratéxicas (KA202)

O proxecto do CIFP Ferrolterra, Fogar dixital Z-Wave, foi seleccionado dentro da convocatoria Erasmus+ de Asociacións Estratéxicas no sector da Formación Profesional (KA202).

O proxecto será desenvolvido durante dous anos en colaboración con ITIS L. DA VINCI de Italia, Berufskolleg Tecklenburger Land de Alemaña e Second Epal Neas Ionias Volou de Grecia. Contará cun orzamento de 48360 €, co que se desenvolverán módulos para construír adestradores domóticos coa última tecnoloxía e materiais didácticos baixo a licenza Creative Commons.

Esta experiencia suporá a internacionalización do centro, permitirá unha colaboración estreita cos socios, terá como resultado materiais didácticos e metodoloxías comúns con outros centros europeos e mellorará as competencias lingüísticas e tecnolóxicas dos participantes.