MMAP03
MMAP03 - Navegación e pesca de litoral
Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en organizar, xestionar e executar as actividades de buques, cuxas características e límites xeográficos determinen as administracións competentes para este nivel, dirixindo e controlando a navegación, a extracción, a manipulación e a conservación da pesca, respectando as condicións de seguridade e consonte a normativa.
En que ámbitos se traballa?
As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade, por conta propia ou allea, en buques de pesca e en buques mercantes, de natureza pública ou privada, cos límites e as atribucións que estableza a Administración competente.
Que ocupacións se desempeñan?
Patrón costeiro polivalente, local de pesca, dedicado ao transporte marítimo de mercadorías e/ou pasaxe, servizos de practicaxe, seguridade, salvamento marítimo, mergullo e investigación, patrón ao mando de buques de pesca ou mercantes; patrón, primeiro oficial e oficial de ponte en buques mercantes, pesqueiros e de pasaxe , coas atribucións establecidas para o patrón de litoral; mariñeiro pescador e de ponte; inspector de flota; supervisor de montaxe e armaxe de artes e aparellos de pesca; manipulador ou operario de elaboración; operario de envasamento e empaquetaxe; operador ou controlador de liña de envasamento; traballador na preparación de peixe para conservas; especialista en tratamentos de frío; elaborador de produtos da pesca e derivados, de conservas de peixe e de semiconservas, de conxelados e ultraconxelados; limpador e preparador de peixe para conservas.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP1033 | Atención sanitaria a bordo | 53 | 2 | |
1º | MP1030 | Despacho e administración do buque | 107 | 4 | |
1º | MP1036 | Estabilidade, trimaxe e estiba do buque | 160 | 6 | |
1º | MP1037 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0156 | Inglés | 160 | 6 | |
1º | MP1035 | Técnicas de manobra | 160 | 6 | |
1º | MP1027 | Técnicas de navegación e comunicacións | 213 | 8 | |
2º | MP1038 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP1039 | Formación en centros de traballo | 410 | ||
2º | MP1034 | Instalacións e servizos | 105 | 6 | |
2º | MP1029 | Pesca de litoral | 210 | 12 | |
2º | MP1028 | Procedementos de garda | 105 | 6 | |
2º | MP1032 | Seguridade marítima | 157 | 9 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).