BSSC11

 

BSSC11 - Actividades domésticas e limpeza de edificios

Ciclo formativo
Familia: Servizos socioculturais e á comunidade
Sistema educativo: LOE
Grao: básico
Horas: 2000
Código: BSSC11
Documentación: RD
DOG

Que se aprende a facer?
Realizar actividades domésticas de limpeza, cociña, coidado de roupa e apoio a persoas no ámbito doméstico, así como realizar operacións básicas de limpeza en edificios,oficinas e locais comerciais, seguindo instrucións e respectando as normas de calidade e a normativa ambiental e de seguridade e hixiene no traballo vixente, e comunicándose de xeito oral e escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

 

En que ámbitos se traballa?
Actividades por conta allea en domicilios particulares e en empresas públicas ou privadas de calquera tamaño, no sector da limpeza e hixienización de calquera clase de edificios,locais, centros ou institucións sanitarias e de saúde, públicos ou privados, industrias,elementos de transporte (terrestre, aéreo ou marítimo), máquinas, espazos e instalacións, soportes publicitarios e moblaxe urbana. Desempeñará as súas funcións seguindo instrucións recibidas e baixo a supervisión directa de persoal responsable, e poderá traballar de xeito autónomo ou integrarse nun equipo de traballo.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Limpador/ora doméstico/a; cociñeiro/a doméstico/a; pasador/ora do ferro doméstico/a empregado/a de fogar; limpador/ora; peón especialista de limpeza; especialista de limpeza; limpador/ora de cristais.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP3145 Actividades de apoio a persoas non dependentes na unidade convivencial 117 4
AM3009 Ciencias aplicadas I 175 6
MP3102 Cociña doméstica 237 8
AM3011 Comunicación e ciencias sociais I 206 7
MP3098 Mantemento de pezas de vestir e roupa de fogar 175 6
AM3010 Ciencias aplicadas II 162 7
AM3012 Comunicación e ciencias sociais II 135 6
MP3147 Formación en centros de traballo 320
MP3116 Limpeza con máquinas 90 4
MP3104 Limpeza de domicilios particulares, edificios, oficinas e locais 231 10
MP3146 Seguridade no ámbito doméstico 90 4

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Baiona 36019657 IES Primeiro de Marzo 886110127




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).