Bolsas de práctica laboral en empresas da provincia de Pontevedra

O Servizo de Promoción do Emprego e Desenvolvemento Local e de Recursos Humanos e Formación da Deputación de Pontevedra, convoca bolsas de práctica laboral en empresas da provincia de Pontevedra, destinadas a persoas con titulación universitaria ou de formación profesional de grado superior, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ao mercado laboral mediante a realización dunha práctica laboral nunha empresa.

A dotación económica das bolsas, determinada polo nivel de titulación, será de 800 € ao mes para as persoas con titulación universitaria e de 700 € ao mes para as de ciclos superiores de formación profesional. O período de duración da bolsa é de 6 meses coa posibilidade de prórroga de 6 meses máis.

O prazo de presentación de solicitudes é do 19 de setembro ata o 9 de outubro de 2017, ambos incluídos.

Etiquetas: