Admisión a cursos de especialización. Listaxes provisionais de solicitudes. Curso 2022-2023

Publicación das listaxes provisionais de solicitudes de admisión a cursos de especialización para o curso 2022-2023.

O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde o venres 8 de xullo ata as 13:00 horas do martes 12 de xullo de 2022. A reclamación deberase realizar empregando o asistente informático.

As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais, por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática Ciclosadmisión ou na seguinte ligazón.

- Nota: As listaxes de solicitudes do proceso de admisión a cursos de especialización pola cota reservada para persoas con discapacidade, legalmente recoñecida, están dispoñibles para a consulta nas secretarías dos centros de inscrición.