Fly The Future

A Xunta de Galicia, en colaboración con Avincis e co Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA), ofrecen aos centros educativos de secundaria da provincia de Lugo a actividade "Fly the future", que ten por obxecto espertar entre o alumnado de secundaria a vocación polas carreiras universitarias STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas).

A actividade materialízase nunha visita ao Centro Internacional de Investigación de Sistemas Autónomos Avanzados co que conta Avincis no Parque Industrial de Rozas en Castro de Rei (Lugo) e ao Centro de Investigación Aeroportada de Rozas da man do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA).

A actividade é totalmente gratuíta para os centros e desenvolverase todos os venres de 2025.

Lugar: Aeródromo de Rozas - 27271 Castro de Rei (Lugo).

Duración: 1h 45 minutos. Hora de inicio 10.00 h.

Inscrición

Palabras clave: