Concurso literario Mazarelos 2024

X edición

Co obxectivo de fomentar a  creatividade da mocidade universitaria e de desenvolver a súa capacidade de expresión en lingua galega, así como para contribuír a descubrir potenciais figuras deste eido da cultura, a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía convoca unha nova edición do Concurso literario Mazarelos.

Admítense obras de calquera xénero literario (narrativa, poesía, teatro, ensaio...) e de calquera tema (incluída a temática científica); a súa valoración basearase na calidade literaria. Os textos deberán ser orixinais, escritos en lingua galega en calquera norma ortográfica, inéditos e non premiados noutros concursos, e non poderán presentarse a outros concursos durante o período desta convocatoria ata que se publique a decisión do xurado. O límite máximo dos textos é de 8.000 palabras e non hai límite mínimo.

O certame está dirixido a estudantes de grao, mestrado e doutoramento con matrícula en calquera titulación da USC, así como persoal investigador contratado na USC con cargo a proxectos de I+D ou programas posdoutorais, en calquera momento do ano 2024 anterior á finalización do prazo de presentación.

O prazo de presentación de orixinais rematará o 30 de setembro de 2024.

 

Máis información

Palabras clave: