Cursos en liña da Fundación ONCE
A Fundación ONCE organiza tres cursos de formación en liña cos que se descubrirán as posibilidades pedagóxicas de diversos recursos que facilitan o acceso e manexo da información no ensino e aprendizaxe do alumnado con discapacidade visual.
Destinados prioritariamente a profesorado de educación primaria e secundaria, estes cursos celebraranse no primeiro, segundo e terceiro trimestre do curso académico 2023/24.
Curso "Pautas de accesibilidade documental dixital"
Data: 29 de novembro de 2023.
Horario: 17:00 a 18:00 horas.
Modalidade: en liña, a través de Zoom.
Obxectivos:
-
Coñecer basicamente como mellorar a accesibilidade da documentación complementaria aos libros de texto.
-
Crear documentos accesibles usando follas de cálculo.
Curso "Técnicas e estratexias para adaptar materiais educativos"
Data: 29 de febreiro de 2024.
Horario: 17:00 a 18:00 horas.
Modalidade: en liña, a través de Zoom.
Obxectivos:
-
Adaptar materiais de contido educativo a través de diferentes recursos para facilitar o acceso aos contidos de aprendizaxe do currículo.
-
Reflexionar sobre exemplificacións de difícil adaptación valorando outros roteiros de aprendizaxe.
Curso "As matemáticas en braille"
Data: 2 de maio de 2024.
Horario: 17:00 a 18:00 horas.
Modalidade: en liña, a través de Zoom.
Obxectivos:
-
Familiarizarse coa escritura de textos matemáticos básicos.
-
Coñecer a representación e mecánica das operacións matemáticas elementais utilizando recursos específicos.
Para inscribirse débese encher o formulario de inscrición: https://forms.office.com/e/6MxUy6bkQY
Confirmarase a asistencia a través de correo electrónico.
A ligazón para a conexión enviarase dous días antes do inicio do curso.
Os certificados de asistencia enviaranse tamén a través de correo electrónico, sempre que a persoa se conectase á plataforma de videoconferencia indicando o seu nome e apelidos.