Premios Forum Europeo Galicia
O Forum Europeo de persoas Administradoras da Educación (FEAE) é unha asociación non gobernamental que traballa no ámbito da educación de varios países de Europa, fundamentalmente en aspectos relacionados coa administración e a xestión educativas.
Os Premios FORUM EUROPEO GALICIA 2021/22 buscan identificar recoñecer e promover a centros educativos e a grupos de docentes comprometidos coa innovación educativa, a través do desenvolvemento de iniciativas didácticas que axuden a construír unha rede de propostas educativas que inspiren transformación e innovación e que sexan facilmente transferibles a outras contornas educativas.
Propóñense dúas modalidades de presentación:
• Modalidade A: para proxectos de centros educativos de educación infantil, primaria, secundaria e formación profesional.
• Modalidade B: para proxectos de equipos docentes de centros educativos de educación infantil, primaria, secundaria e formación profesional.
Prazo de presentación de candidaturas: do 28 de xaneiro ao 29 de abril de 2022.