Cursos tutorizados de formación en liña
O Ministerio de Educación e Formación Profesional, a través do INTEF, convoca 9.000 prazas para a realización de 28 cursos de formación en liña para o profesorado distribuídos en dúas edicións (15 cursos na primeira edición e 13 na segunda) que se desenvolverán ao longo de 2022.
As actividades formativas ofertadas pretenden dar resposta ás necesidades de formación do profesorado baixo os principios de inclusión e equidade educativa e, ademais, contribuír ao desenvolvemento da competencia dixital docente, fomentando a creación de contidos e o uso de contornas virtuais de aprendizaxe accesibles e adaptados á diversidade do alumnado.
Estes cursos contan coa atención personalizada e o apoio experto dun equipo de titoría e a súa estrutura modular, con contidos e actividades expostos de forma gradual, permite aos participantes organizar o seu tempo e planificar a súa aprendizaxe desde o seu inicio.
Certifícanse con 70 horas de formación, salvo “O desenvolvemento da función directiva”, ao que lle corresponden 150 horas de certificación.
1ª Edición
Prazo de inscrición: do 12 ao 31 de xaneiro de 2022 (ambos inclusive).
Datas de realización: do 9 de marzo ao 11 de maio de 2022, agás o curso “O desenvolvemento da función directiva”, que finaliza o 16 de xuño de 2022.