Cursos INTEF
O Ministerio de Educación e Formación Profesional, a través do INTEF, convoca 6.500 prazas na 1ª edición de cursos tutorizados de formación en liña para o profesorado. O prazo de inscrición empeza o 10 de febreiro e finaliza o 1 de marzo de 2021 (ambos incluídos).
Continuando coas liñas de actuación da convocatoria anterior, priorizáronse a inclusión educativa e a educación a distancia, adaptando a oferta formativa á situación xerada pola crise sanitaria relativa á pandemia da COVID-19. Preténdese con iso dar resposta ás necesidades de formación do profesorado, contribuír ao desenvolvemento da súa competencia dixital e fomentar o uso e creación de contornas virtuais de aprendizaxe accesibles e adaptadas á diversidade do alumnado.
Os cursos teñen unha duración de dous meses, e certifícanse con 70 horas de formación.