Cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os Celga
Curso 20/21
Pola Resolución do 4 de agosto de 2020, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convoca, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.
O prazo para a presentación das solicitudes é o seguinte:
- para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro): do 2 ao 11 de setembro de 2020.
- para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio): do 5 ao 15 de xaneiro de 2021.
Palabras clave: