VI concurso de debuxo e lemas

Doazón e transplantes

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), a Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional, en colaboración con Gadisa Retail SLU, convocan este concurso cuxo tema é a doazón e os transplantes de órganos. A finalidade do certame é achegar esta realidade á poboación escolar, de modo que o alumnado poida valorar os beneficios para a cidadanía do fomento da doazón de órganos.

Os destinatarios son os alumnos/as de 1º e 2º de ESO de todos os centros educativos de Galicia.

O prazo de presentación de traballos remata o 30 de abril de 2019.

Máis información

 

Palabras clave: