VI Concurso de curtametraxes
Doazón e transplantes
A Consellería de Sanidade e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, convocan un concurso de curtametraxes para o curso escolar 2018/19 que ten como tema a doazón e os transplantes. O propósito é achegar esta realidade á poboación escolar galega, de modo que a mocidade sexa capaz de valorar os beneficios para a cidadanía do fomento da doazón de órganos e tecidos.
Poderá participar no concurso de curtametraxes o alumnado de bacharelato e ciclos formativos de grao medio e superior de todos os centros educativos, tanto sostidos con fondos públicos coma privados, da Comunidade Autónoma de Galicia.
O prazo de participación remata o 28 de abril de 2019.
Palabras clave: