Quero Cantar!
Concurso de música infantil e xuvenil para o fomento do galego
A Deputación da Coruña convoca a terceira edición do concurso de música infantil e xuvenil "Quero Cantar", coa finalidade de fomentar o uso da lingua galega, así como a creatividade poética e musical.
Poderá participar calquera grupo ou solista de ámbito galego que presente e interprete unha composición con letra e música orixinais e inéditas en lingua galega. De acordo coas idades establécense dúas categorías:
- Categoría A. Infantil: un máximo de 12 compoñentes de até 12 anos.
- Categoría B. Xuvenil: un máximo de 12 compoñentes de entre 13 e 16 anos.
O prazo de presentación das solicitudes remata o 19 de outubro de 2018.