Concurso Proyecta Innovación
A Plataforma Proyecta, unha iniciativa da Fundación Amancio Ortega e da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, comprometidas co fomento da innovación no ámbito educativo, pon en marcha unha nova edición do concurso "Proyecta Innovación" co obxectivo de identificar e facer realidade proxectos educativos que impulsen a innovación a través do uso das TIC en centros escolares galegos. Está dirixido a docentes ou grupos de docentes de educación infantil, primaria, secundaria, educación especial, bacharelato ou formación profesional de calquera centro escolar de Galicia. Pódese tamén incluír os alumnos no deseño e a execución dos proxectos.
Para participar é imprescindible cubrir e enviar este formulario online. Ademais, deberase achegar un arquivo multimedia que resuma o obxectivo do proxecto.
O prazo de inscrición e envío de proxectos vai do 5 de decembro de 2014 ao 17 de abril de 2015.