OCEÁNTICA 14

II Congreso Xuvenil Internacional

O Campus do Mar da Universidade de Vigo, co financiamento da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), convoca a segunda edición do Congreso Xuvenil Internacional OCEÁNTICA14, dirixido a estudantes de sexto curso de Educación Primaria, ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos e Universidade.
O obxectivo é sensibilizar sobre a sustentabilidade nos espazos de interacción mar-terra-poboacións humanas nos sistemas costeiros e sobre o reto do cambio climático.
A organización invita a todo o alumnado destes niveis educativos a participar no congreso enviando os seus traballos en calquera formato (presentación, vídeo, fotografía, banda deseñada etc.) nos que se sensibilice á cidadanía sobre o cambio climático e demais retos aos que se enfronta o estudo do medio mariño. O prazo para participar remata o 30 de maio de 2014.

Bases da convocatoria
Toda a información AQUÍ