Explica Xeografía coas túas fotos

O III Concurso Escolar da Asociación de Geógrafos Españoles (AGE) ten como obxectivo espertar e fomentar o interese pola Xeografía no alumnado de ESO e Bacharelato. Nesta edición o tema é “Explica Xeografía coas túas fotos”.
Concursarase mediante a presentación dunha fotografía ou dunha montaxe fotográfica en formato dixital dun tema xeográfico, ou a presentación dunha breve explicación, clara e didáctica, do tema xeográfico representado na fotografía.
Os traballos, que deben ser orixinais e de creación propia dos autores, poden expresarse na lingua que o alumno seleccione e deben ter o visto e prace dalgún profesor de Xeografía do centro educativo.
O prazo de presentación dos traballos comezará o 1 de decembro de 2014 e rematará o día 31 de marzo de 2015 ás 14 horas.
Consulta as BASES