INSPIRACIENCIA

Concurso de relatos curtos e microrrelatos de inspiración científica

Inspiraciencia é un proxecto da Unidade de Cultura Científica da Delegación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Cataluña e o Instituto de Ciencia de Materiais de Barcelona, que consiste nun concurso de relatos curtos e microrrelatos de inspiración científica. É unha iniciativa que relaciona a ciencia e a literatura dunha maneira lúdica e participativa.

 

Categorías:

Poderá participar calquera persoa que presente un relato orixinal que estea inspirado nunha temática científica, sexa cal for o xénero literario. Establécense dúas categorías:

  • Público xuvenil: entre 12 e 17 anos
  • Público xeral adulto: a partir de 18 anos

Modalidades:

  • Relatos curtos: entre 800 e 1500 palabras
     
  • Microrrelatos: ata 500 palabras

O tema e o formato son libres, pero a ciencia debe estar presente.
Os relatos poden estar escritos en catalán, en castelán ou en galego.
Os participantes deben rexistrarse e poden enviar como máximo dous relatos.
A data límite para publicar os relatos é o 10 de marzo de 2013.

Premios:

O concurso prevé un premio institucional para cada modalidade e categoría outorgado por un xurado, e tamén haberá un premio do público que se decidirá por votación on-line. Tanto os premios institucionais como o do público poderán ser dispositivos electrónicos, libros de divulgación, cursos de escritura ou obradoiros similares, en función das posibilidades.

Acceso á web de Inspiraciencia

 

 

 

 

Palabras clave: