Actividades y juegos de música en la escuela

Título: Actividades y juegos de música en la escuela

Autores: Juan Rafael Muñoz Muñoz (Coord.), María Eugènia Arús Leita, Jos García García

Editorial: Graó

Ano: 2014

Páxinas: 164

Contido:

Este libro ofrece unha batería de actividades e xogos organizados por idades con base nos catro bloques sobre os que se estrutura o currículo de primaria: escoita, interpretación, creación e danza.
O «facer» música constitúe o cimento sobre o que se asentan a observación, o descubrimento, a experimentación, a manipulación, a interpretación, o acompañamento, a improvisación, a adquisición de coñecementos e experiencias e a súa análise.
Dispoñer dunha oferta rica, variada e ampla de actividades convértese nunha inestimable aliada á hora de desenvolver accións de ensinanza e aprendizaxe.
Por outra parte, hai que considerar a vertente lúdica que deben ter moitas actividades que se realizan na clase. Esa concepción lúdica, perfectamente compatible co rigor na construción dos coñecementos, axuda a favorecer e potenciar nos nenos e nenas a socialización, a autoestima e o desfrute mentres aprenden.
Actividades y juegos de música en la escuela quere facilitar o labor do profesorado de música de primaria así como de calquera docente interesado en coñecer propostas musicais dirixidas a rapaces entre 6 e 12 anos.
 

Sección: