Galiciencia
Data:
Desde mércores, 9 de decembro de 2020 ata venres, 11 de decembro de 2020
Lugar:
Encontro virtual
Galiciencia é a maior feira científica que se celebra en Galicia desde 2006, co obxectivo principal de achegar a ciencia á sociedade. Consiste na organización e o desenvolvemento dun certame científico que ten como público obxectivo a estudantes de primaria, secundaria e bacharelato, pero que permanece aberto para o público en xeral.
Este ano debido á pandemia COVID-19 realizarase a primeira Galiciencia online, o que permitirá experimentar novos formatos e oportunidades para facer Galiciencia máis grande, inspiradora, creativa, participativa e aberta a proxectos de todo o ámbito nacional.
Obxectivos
- Potenciar a divulgación e a comunicación social da ciencia, con exposición de proxectos, talleres científicos e espectáculos de ciencia.
- Fomentar o espiritu innovador e emprendedor entre os participantes, coa creación de proxectos e talleres específico.
- Contribuír no desenvolvemento de vocacións científicas, a través de desafíos científicos.
Toda a información nesta ligazón.