Explícoche Matemáticas 2.0

Concurso de vídeos

A Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, co apoio do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade a través da súa Comisión de Normalización Lingüística, convoca a oitava edición do concurso Explícoche Matemáticas 2.0, un certame que ten como obxectivo fomentar a utilización desta lingua como medio de transmisión das matemáticas.

O certame premia vídeos, en galego e cunha duración de entre 1:30 e 2:30 minutos, nos que se aborde un tema relacionado coas matemáticas, ben desde un punto de vista formal (definición dun concepto, un teorema, idea intuitiva e/ou aplicación) ou ben cun carácter divulgador, reflectindo como se utilizan as matemáticas na vida cotiá, na cultura, na arte ou na sociedade. Poderá utilizarse calquera recurso multimedia, audiovisual ou artístico.

Pode participar o alumnado das universidades públicas de toda España de calquera titulación de grao, mestrado e doutoramento, así como de 3º e 4º da ESO e de bacharelato dos centros de educación secundaria de Galicia e comunidades limítrofes en grupos cun máximo de tres estudantes, dirixidos por un profesor ou profesora.
O prazo de presentación de traballos remata o 22 de marzo.
 

Máis información

Palabras clave: