Projetos eTwinning Galiza-Portugal

eTwinning é unha iniciativa que apoia proxectos na rede entre dous ou máis centros escolares de varios países europeos. Os centros escolares crean un proxecto e lévano a cabo utilizando as Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC). O tema a desenvolver pode ser dunha mesma materia ou multidisciplinar. Poden participar centros de educación infantil, primaria, secundaria e formación profesional.

Tras case catro anos de traballo, a Direção-Geral do Ministério da Educação de Portugal,  edita a versión en portugués do libro "Projetos eTwinning Galiza-Portugal", con 18 ideas para proxectos a desenvolver entre centros educativos galegos e portugueses, elaboradas por 24 docentes de ambas beiras do Miño.
 

Sección: