La taxidermia del intelecto
Título: La taxidermia del intelecto. Filosofía, locura y consecuencias del saber en la era digital
Autor/a: Manuel Torres Vizcaya
Editorial: Académica española
Ano: 2016
Páxinas: 200
Contido:
A taxidermia do intelecto é un ensaio no que se intenta imaxinar un diagnóstico da nosa cultura dixital e os seus soportes. Enténdese que a saída da nosa complexa e problemática situación - entendida gráficamente como quijotismo cibernético - pasa necesariamente por unha certa reinvención do lógos, daquela racionalidade nada nos gregos e que se foi tecendo lenta e escrupulosamente pero simultaneamente prostituíndose ata o paroxismo durante máis de dous mil anos. Para esta singradura especulativa eliximos moi intencionadamente un compañeiro extemporáneo de pasaxe, un mestre que non ha de proporcionar tanto apotegmas inviolables como motivos e inspiracións para que o noso intelecto busque os seus propios camiños, as súas oportunas galerías lonxe de todo mimetismo inquebrantable. Este instrutor ao que ocasionalmente recorreremos é Nietzsche, un pensador que, máis de cen anos despois, segue sendo permanentemente actual.