I Congreso Nacional de Radio Escolar

Data: 
sábado, 15 de outubro de 2022
Lugar: 
Badaxoz

O vindeiro 15 de outubro de 2022 celébrase o I Congreso Nacional de Radio Escolar, que terá lugar no Palacio de Exposicións e Congresos de Villanueva de la Serena (Badaxoz). Trátase dun evento promovido polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e a Fundación COPE, que conta coa colaboración da Junta de Extremadura e ASPA e o patrocinio da Deputación de Badaxoz. 

Ao longo dunha xornada de oito horas, o Congreso, que está dirixido principalmente a docentes de ensinos non universitarios, busca contribuír á reflexión sobre as posibilidades que ten a radio como ferramenta formativa e ofrecer información organizativa e técnica. Conta, para iso, entre os seus relatores, con docentes que puxeron en marcha proxectos de radio escolar, especialistas, comunicadores, etc. 

A inscrición para a asistencia presencial está aberta ata o 28 de setembro de 2022. O encontro poderase seguir así mesmo en streaming, a través desta web.

 

Máis información

Palabras clave: