Por que a infancia?
Conferencia
Data:
venres, 28 de febreiro de 2020
Lugar:
Pontevedra
O Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra acolle o venres 28 de febreiro unha conferencia do pensador, psicopedagogo e debuxante italiano Francesco Tonucci, co título "Por que a infancia?"
A entrada a esta actividade será gratuíta ata completar aforo e é un acto previo á inauguración do Salón do Libro, que está prevista para o vindeiro 6 de marzo, no mesmo recinto.