Sportis 2013

I Salón Nacional do Deporte, a Saúde e a Nutrición.
Data: 
Desde xoves, 9 de maio de 2013 ata sábado, 11 de maio de 2013
Lugar: 
Recinto ferial de Pontevedra

Pontevedra será a sede dun dos maiores eventos para profesionais do deporte, a saúde e a  nutrición. O I Salón Sportis 2013 congregará cerca dun centenar de empresas relacionadas coas ciencias do deporte, a saúde e a nutrición. Sportis 2013 será un escaparate para mostrar as últimas tendencias no mercado deportivo e da saúde.

Descarga aquí o folleto informativo de SPORTIS 2013

Ademais, por noveno ano consecutivo, Pontevedra acollerá o Congreso Nacional de Ciencias do Deporte e a Educación Física, un evento pensado para as persoas que estean vinculadas ao deporte a través dalgunha das seis áreas temáticas do congreso: saúde, ocio, rendemento, didáctica, ciencias sociais ou psicoloxía. O congreso reunirá a 400 profesionais procedentes de todos os recunchos de España, establecendo relacións profesionais entre os participantes e difundindo o coñecemento técnico-científico xerado nos últimos anos.

Toda a información na WEB