Hoy empieza todo
Título: Hoy empieza todo
Título orixinal: Ça commence aujourd'hui
Ano: 1999
Nacionalidade: Francia
Xénero: Drama
Dirección: Bertrand Tavernier
Elenco: Philippe Torreton, Maria Pitarresi, Nadia Kaci, Didier Bezace, Veronique Ataly
Guión: Dominique Sampiero, Tiffany Tavernier, Bertrand Tavernier
Música: Louis Sclavis
Duración: 107 min
Sinopse:
Hoy empieza todo forma parte das películas de cine social e foi rodada con técnicas propias dos documentais. O filme é unha crítica á burocracia do sistema e ao indiferente que pode chegar a ser. Está ambientada nun pobo ao norte de Francia, onde unha parte importante dos seus habitantes está no paro a consecuencia da crise do sector mineiro; situación que aproveita o director da escola infantil da localidade para pedir axuda e apoio ás familias dos estudantes e ao resto da comunidade. A película formula de trasfondo outras situacións difíciles: abusos, desestruturación familiar, alcoholismo...