As despedidas
Título: As despedidas
Autora: Cecilia F. Santomé
Editorial: Xerais
Ano: 2024
Páxinas: 136
Contido:
«O avó morreu hoxe. Ou quizais foi onte». Así, entre titubeos, arrinca esta crónica íntima dun dó con sabor a outro tempo. Un no que os defuntos eran velados nas casas, en que as capelas ardentes permanecían abertas día e noite... Velaquí setenta e dúas horas nunha burbulla de silencio, tristeza e fastío que se converten nun exercicio memorístico. Xestos, movementos e espazos que desencadean lembranzas, fiando unha elexía por quen marchou, pola propia infancia, por unha forma de vida que se esfarela no aire. E todo iso para chegar a unha conclusión: unha neta sen o seu avó é unha orfa de segunda.
Número:
Sección: