A educación en Galicia en perspectiva
Título: A educación en Galicia en perspectiva
Subtítulo: Alicerces para o porvir
Autor/a: Alexandre Sotelino Losada (coord..)
Editorial: Universidade de Santiago de Compostela
Ano: 2024
Páxinas: 508
Contido:
Este libro pretende ser unha obra mancomunada de diferentes profesionais do eido educativo galego. Nel reflexiónase sobre cales son os piares que sosteñen diferentes contextos pedagóxicos e cales son os seus desafíos de futuro. Entre os obxectivos que se perseguen con este manuscrito están crear unha obra onde interveñan as principais voces do eido educativo en Galicia, reflexionar sobre a historia da educación en Galicia e os desafíos de futuro nos diferentes contextos pedagóxicos e estudar o uso, ensino e promoción da lingua galega nos diferentes sectores e contextos educativos.
As páxinas desta obra amosan unha libre, ao tempo que solidaria, vontade de proxectar, con criterio propio, o desexo común de que Galicia continúe avanzando coa máis sólida das garantías para o seu futuro: o coidado da educación.