![](http://www.edu.xunta.gal/eduga/sites/site.eduga/files/investigacion_57.jpg)
A alquimia da cor
Ana Delia Rodríguez Dorrego, profesora de Debuxo
ana.delia.rodriguez@edu.xunta.gal
Pablo Gómez Sande, profesor de Bioloxía
gomezsande@edu.xunta.gal
CPI de Bembibre (Val do Dubra - A Coruña)
Introdución
Existen metodoloxías educativas que tenden a clasificar, categorizar e organizar as disciplinas baseadas no coñecemento ou a información. Este proxecto rompe esta tradicional liña de traballo, en prol dun de ensino renovado que promove o interese dos participantes para resolver conflitos de tipo cognitivo, afectivo e procedemental potenciando a súa autonomía e desenvolvemento competencial.
A alquimia da cor é un proxecto interdisciplinar que une dous modos de pensamento, o científico-racional co creativo e emocional, propio das materias de Bioloxía e Educación Plástica, Visual e Audiovisual.
A arte e a ciencia son necesariamente diferentes desde o punto de vista do estudo e da difusión do saber. A ciencia intenta comprender o mundo a partir de feitos demostrables e contrastados, buscando a obxectividade, mentres que a arte expresa o mundo a través da emoción, a intuición e o espírito, buscando o subxectivo e sensorial.
Con todo, estas dúas disciplinas aparentemente antagónicas, poden chegar a estar profundamente conectadas, pois ambos os raciocinios valoran a observación, a recompilación de información a través dos sentidos, a creatividade, os cambios, as innovacións e melloras, utilizan modelos abstractos e crean obras de relevancia universal.
Deste xeito, os estudantes involucrados neste proxecto puxeron a punto a súa intelixencia científica e artística para executar un proxecto que tivo como obxectivo observar, analizar e experimentar con elementos orgánicos para crear un catálogo de cores persoal a partir da elaboración de pigmentos e colorantes de orixe natural.
Proxecto
A alquimia da cor é un traballo de investigación destinado a estudantes de primeiro da ESO do CPI de Bembibre en Val do Dubra e realizado nas materias de Bioloxía e EPVA, cuxa duración foi aproximadamente dun mes.
O traballo dividiuse en dúas partes, unha destinada a pigmentos e outra a colorantes. En ambas, o alumnado fixo un percorrido polas distintas fases do proceso de aprendizaxe científico-artística.
PIGMENTOS NATURAIS
Fase 1. Procura de pigmentos: Recolección de elementos naturais
Organizamos unha excursión polas proximidades do río Dubra para recoller plantas, follas de árbores ou arbustos, cortizas, froitos, area ou terra e minerais a partir dos cales os estudantes puidesen obter pigmentos.
Excursión nas proximidades do río Dubra
Na excursión, ademais de recoller a materia prima, tiñan que identificala e cubrir a seguinte táboa cun modelo adxunto no reverso como exemplo de referencia.
PLANTA |
FOLLA ÁRBORE/ARBUSTO |
CORTIZA |
FROITO |
MINERAL/ ROCHA |
AREA/ TERRA |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Exemplo:
PLANTA/RAÍZ |
FOLLA ÁRBORE/ARBUSTO |
CORTIZA |
FROITO |
MINERAL/ ROCHA |
AREA/ TERRA |
Herba pastel Isatistinctoria |
Piñeiro/Pino Pinusspp. |
Piñeiro/Pino Pinusspp. |
Noz Juglansregia |
Xabre/ Cuarzo |
De río |
Celidonia Chelidoniummajus |
Carballo Querqusrobur |
Carballo/Roble Q. robur |
Arandos |
Malaquita |
De praia |
Menta (Menthasp.) |
Eucalipto Eucaliptusglobulus |
Eucalipto E. globulus |
Amoras Rubusulmifolius |
Cinabrio |
Camiño |
Fento/Helecho Pteridófitos |
Mimosa Acacia dealbata |
Nogueira/ Nogal Juglansregia |
Uvas da moura Phytolaca americana |
Azurita |
Bosque |
Ortiga Urticaurens Urticaminor |
Loureiro/Laurel Laurusnobilis |
Castiñeiro/Castaño Castanea sativa |
Sabugueiro Sambucusnigra |
Calcita |
|
Hedra/Hiedra Hederahelix |
Sabugueiro/Saúco Sambucusnigra |
|
|
Carbón mineral |
|
Musgo* Briófitos |
Bidueiro/Abedul Betulapendula |
|
|
Limonita |
|
Trevo/Trébol Trifoliumspp. |
Salgueiro/Saucellorón Salixbabylonica |
|
|
Mineral de ferro |
|
Rubia Rubia tinctorum |
Loureiro/Laurel real Prunuslaurocerasus |
|
|
Lapislázuli |
|
Indigofera Indigoferaspp.
|
Ameneiro/Aliso Alnus glutinosa |
|
|
Arxila/ Arcilla |
|
Gualdra/Gualda Reseda luteola |
|
|
|
|
|
Kamala Mallotusphilippensis |
|
|
|
|
|
Silva/Zarza Rubusulmifolius |
|
|
|
|
|
Lique/Líquen* |
|
|
|
|
|
Pamplina Stellaria media |
|
|
|
|
|
Grelos Brassica rapa |
|
|
|
|
|
*Non son plantas.
Fase 2. Procesamento de pigmentos: Secado e moído
Unha vez seleccionado o material co que traballar para a elaboración dos pigmentos, púxose a secar e para iso empregáronse diferentes métodos: secado ao sol, con secador, estufa ou deshidratadora de alimentos, ou poñendo follas en papel de xornal entre as follas de libros.
Cortado, moído e raspado para a elaboración de pigmentos
Cando o material co que se vai traballar está seco, procédese a partilo e moelo mediante o uso de tesoiras, reladores e morteiros para deixalo completamente triturado ata convertelo en po.
Ademais de traballar cos pigmentos triturados dos elementos recompilados na excursión, os estudantes traballaron con especias.
Fase 3. Envasado e etiquetaxe
Unha vez que temos o pigmento (cor en po) obtido das diferentes plantas, follas, cortizas, area, terra, froitos…, procedemos ao seu envasado e etiquetaxe para saber a orixe de cada cor. Cada pigmento gárdase nun bote de vidro hermético para una conservación axeitada. Cada bote terá a súa correspondente etiqueta.
Envasado e etiquetaxe de pigmentos
Fase 4. Aglutinado: Cohesionado de pigmentos
Para poder utilizar os pigmentos e pintar, previamente hai que aglutinalos, é dicir, engadir algunha substancia que una as partículas do pigmento e o manteña fixo ao soporte onde se vai aplicar.
Algúns dos aglutinantes usados foron goma arábiga, aceite de liñaza, mel, cola branca de carpinteiro, cera de abella e xema de ovo.
Aglutinado de pigmentos
Fase 5. Disolventes
Un disolvente é unha substancia química (líquido) na que se dilúe un soluto coa finalidade de desfacer as partículas ata que queden incorporadas ao devandito líquido. Para limpar os pinceis, unha vez aplicada a pintura, usamos esencia de trementina, auga (fría e quente) e alcohol.
Fase 6. Técnicas artísticas
Para cada técnica pictórica utilizamos unaglutinante e disolvente específico.
TÉCNICA |
AGLUTINANTE |
DISOLVENTE |
Óleo |
Pigmento + aceite de liñaza |
Esencia de trementina |
Acuarela |
Pigmento + goma arábiga |
Auga |
Acuarela |
Pigmento + mel |
Auga |
Acrílico |
Pigmento + cola branca carpinteiro |
Auga |
Encáustica |
Pigmento + cera abella + esencia trementina |
Auga quente |
Témpera ao ovo |
Pigmento + xema de ovo |
Auga |
Fase 7. Catálogo de cores
Cada alumno ou alumna elaborou un catálogo de cores persoal a partir de elementos naturais que foron analizados e clasificados seguindo o seguinte esquema e facendo uso das diferentes técnicas pictóricas explicadas.
Catálogo de pigmentos naturais
COLORANTES NATURAIS
Fase 1. Procura de materiais
O estudantado aborda a cociña das súas casas para obter colorantes a partir de froitas e verduras como tomates, remolacha, lombarda, cenoria, grelos, espinacas, cóengos, arandos, amoras, amorodos, limóns e moitos outrosco fin de elaborar a súa paleta de cores.
Fase 2. Partido e licuado
Tritúranse as froitas e verduras para posteriormente mesturalas con alcol ou cocelas.Por último, cóase para obter o líquido colorante.
Elaboración de colorantes naturais
Fase 3. Envasado e etiquetaxe
Unha vez que temos o colorante (cor en estado líquido) obtido das diferentes froitas e verduras, procedemos a envasalo e etiquetalo para saber a orixe de cada cor. Cada colorante gárdase nun frasco de vidrocon feche hermético para unha conservación axeitada. Cada bote terá a súa correspondente etiqueta.
Fase 4.Tinguidura
Introducimos teas ou pequenas tiras de papel de filtro de café para tinguir con diferentes cores.
Tinguidura en papel de filtro
Fase 5. Catálogo de cores
Cada alumno elabora un catálogo de cores persoal a partir dos colorantes obtidos seguindo o seguinte esquema.
Fase 6. Cores derivadas da col lombarda
Analizamos o comportamento ácido-base de certos elementos empregando unha verza lombarda usada como indicador de pH e, ao mesmo tempo, para realizar unha escala cromática.
A cianidina é un composto orgánico natural da familia das antocianinas que se atopa na col lombarda e que se comporta como un excelente indicador de pH. Denomínanse indicadores de pH aquelas substancias que cambian de cor segundo estean nun medio ácido ou básico.
Experimento indicador pHlombarda
Despois de cocer a lombarda, mesturamos o seu caldo con zume de limón, vinagre, amoníaco, xabón, auga, alcol, bicarbonato sódico e lixivia,e isto orixina unha escala cromática que vai desde o vermello ao amarelo pasando por tons verde-azulados segundo sexa ácido ou base.
Unha vez obtidas as cores,tínguense teas e papel de filtro, ademais de analizar os resultados seguindo o seguinte esquema:
Cromatografía de pigmentos fotosintéticos
Fase 7. Cromatografía de pigmentos fotosintéticos
Por último, o estudantado obtén cores mediante un experimento máis: a cromatografía en papel, para o que estudan previamente a fotosíntese, proceso que lles permite aos vexetais fixaren a materia inorgánica e a enerxía en forma de materia orgánica, a cal necesitan para desenvolver as súas funcións vitais e que supón a principal formade síntese de materia orgánica da biosfera.
Cromatografías
As clorofilas son os pigmentos fotosintéticos máis abundantes e os que lles dan a cor verde aos vexetais e se encargan de absorber a luz necesaria para realizar a fotosíntese, proceso que posibilita a síntese de substancias orgánicas a partir das inorgánicas (CO2, H2O), mediante a transformación da enerxía luminosa en enerxía química. A clorofila absorbe principalmente a luz vermella, violeta e azul, e reflicte a verde. Xeralmente a abundancia de clorofila nas follas e a súa presenza ocasional noutros tecidos vexetais, como os talos, tinguen de verde estas partes das plantas. En ocasións, a presenza de clorofila non é tan patente ao descompoñerse e ocupar o seu lugar outros pigmentos de orixe isoprénica tamén presentes nos cloroplastos, como son os carotenos (cor laranxa) e as xantofilas (cor amarela).
O alumnado, a través da cromatografía, separou por tamaños e obtivo os devanditos pigmentos ao introducir unha tira de papel nunha mestura feita a base de vexetais e alcohol (disolvente). O disolvente é o encargado de arrastrar con distinta velocidade os pigmentos segundo a súa solubilidade, separándoos en bandas paralelas. Deste xeito,puideron identificalos segundo a súa cor.
Metodoloxía
No proxecto abórdanse contidos pertencentes a catro campos de contidos interrelacionados (historia da arte, filosofía, técnica e linguaxe).
Historia da arte e técnica
De paso que experimentamos coa cor e os pigmentos, aprendemos técnicas pictóricas artesanais usadas desde a antigüidade e empregadas en obras icónicas da historia da arte. Algunhas das estudadas son as seguintes:
Encáustica
A encáustica é unha técnica pictórica que se caracteriza polo uso da cera como aglutinante dos pigmentos. A mestura ten efectos moi cubrintes e é densa e cremosa. A pintura aplícase cun pincel ou cunha espátula quente. O acabado é un puído que se fai con trapos de liño sobre unha capa de cera quente previamente estendida (que neste caso xa non actúa como aglutinante senón como protección). Esta operación chámase encaustización.
Pintura á témpera
A témpera é unha técnica de pintura na que o disolvente do pigmento é a auga e o aglutinante (tamén denominado témpera ou engrosador) algún tipo de graxa animal, glicerina, ovo, caseína, outras materias orgánicas ou goma. Historicamente, a témpera é característica da Idade Media europea. Pode considerarse característico dos estilos románico e gótico no occidente europeo e das iconas bizantinas e ortodoxas en Europa Oriental.
Tipos:
- Témpera ao ovo
- Témpera de gomaarábiga (acuarela e gouache)
- Témpera de cera
- Témpera de cola
Pintura mural ao fresco
Un fresco é unha pintura realizada sobre unha superficie cuberta con dúas capas de morteiro de cal, a primeira (arricio), de maior espesor, con cal apagado, area de río e auga, e a segunda (intonaco), máis fina e formada por po de mármore, cal apagado e auga, sobre a que se van aplicando os pigmentos cando aínda esta última capa está húmida.
Pintura mural en seco
Técnica de pintura mural que adoita agrupar todos os procedementos murais que non están realizados ao fresco. Como o seu propio nome indica, as cores aplícanse sobre a parede (con ou sen lucido) xa seca, xeralmente encolada previamente (con cola animal quente) para homoxeneizar a súa porosidade. Os pigmentos fíxanse ao soporte grazas a substancias aglutinantes.
Óleo
O óleo, palabra que provén do latín oleum (aceite), é unha técnica de pintura. Consiste en mesturar os pigmentos cunaglutinante a base de aceites, normalmente de orixe vexetal. Por extensión, denomínase óleo a obra pictórica executada mediante esta técnica, que admite soportes de moi variada natureza: metal, madeira, pedra, marfil, aínda que o máis habitual é que sexa aplicado sobre lenzo ou táboa.
O óleo permanece húmido moito tempo, o que favorece a mestura de cores. O seu secado pode comprometerse dependendo dos aditivos que se lle poñan durante o proceso, como o secativo de cobalto, que pode «crackelar» o óleo ao secarse.
Filosofía
A alquimia non é soamente unha arte que ensina a transmutar uns metais noutros, senón máis ben unha ciencia sólida e verdadeira que ensina a coñecer o centro de todas as cousas.
Pierre-JeanFabre, 1636
A filosofía deste traballo foi a da investigación sobre materiais de orixe natural a partir da observación e experimentación para a transmutación da cor como facían os antigos alquimistas.
A alquimia formaba parte das ciencias ocultas, sacras na antigüidade e estaba vencellada á formación nos misterios da natureza. Nestes misterios máxicos, a través de experimentos científicos, o alumnado aprendeu a obter gamas cromáticas cambiantes a través dun «ritual», no que se estableceu unha conexión entre a materia e a cor case «sacra», pois ás cores tamén se lles atribúen propiedades máxicas e espirituais. Como exemplo, a azurita era considerada unha cor sacra polos antigos exipcios, xa que lles axudaba a entrar en comunicación cos deuses.
Linguaxe
Durante todo o proxecto empregouse a combinación dunha linguaxe plástica e científica para cada unha das diferentes actividades (pigmentos naturais, colorantes naturais, indicador de pH da col lombarda e cromatografía de pigmentos fotosintéticos, nomes científicos das especies empregadas), co uso dunha linguaxe técnica específica de cada área no ámbito oral, escrito e gráfico-plástico.
Procedemento de avaliación
O alumnado foi avaliado durante este proxecto experimental en distintas fases segundo as seguintes rúbricas.
Pigmentos naturais
Ítems |
Mellorable (1 punto) |
Satisfactorio (3 puntos) |
Excelente (5 puntos) |
Recolle materiais para elaborar os pigmentos na excursión ao monte |
|
|
|
Busca materiais na casa para realizar pigmentos (especias, froitos, carbón…) |
|
|
|
Moe pigmentos |
|
|
|
Envasae etiqueta os pigmentos |
|
|
|
Aglutina os pigmentos para a súa aplicación |
|
|
|
Relaciona cada aglutinante co seu disolvente |
|
|
|
Recoñece as diferentes técnicas artísticas |
|
|
|
Grao de experimentación |
|
|
|
Debuxa, fotografa e pon mostra dos produtos recollidos |
|
|
|
Explica o proceso de elaboración |
|
|
|
Segue as fases do proceso creativo/científico |
|
|
|
Paleta de cores |
|
|
|
Coida a limpeza e presentación |
|
|
|
Colorantes naturais
Ítems |
Mellorable (1 punto) |
Satisfactorio (3 puntos) |
Excelente (5 puntos) |
Busca materiais para elaborar os colorantes |
|
|
|
Trituramateriais naturais con alcohol para elaborar os colorantes. |
|
|
|
Envasae etiquetaos colorantes |
|
|
|
Tingue teas e papel de filtro con colorantes |
|
|
|
Grao de experimentación |
|
|
|
Debuxa, fotografa e pon mostras dos produtos recollidos |
|
|
|
Explica o proceso de elaboración |
|
|
|
Segue as fases do proceso creativo/científico |
|
|
|
Paleta de cores |
|
|
|
Coida a limpeza e presentación |
|
|
|
Indicador pH col lombarda
Ítems |
Mellorable (1 punto) |
Satisfactorio (3 puntos) |
Excelente (5 puntos) |
Procura materiais para elaborar o experimento |
|
|
|
Observa as reaccións químicas e relaciónaas co pH de cada elemento e a súa gama cromática |
|
|
|
Tingue teas e papel de filtro con colorantes |
|
|
|
Grao de experimentación |
|
|
|
Segue as fases do proceso creativo/científico |
|
|
|
Paleta de cores |
|
|
|
Coida a limpeza e presentación |
|
|
|
Cromatografía
Ítems |
Mellorable (1 punto) |
Satisfactorio (3 puntos) |
Excelente (5 puntos) |
Busca materiais para elaborar o experimento |
|
|
|
Tingue papel de filtro |
|
|
|
Identificaos diferentes pigmentos (clorofila A, clorofila B, carotenos, xantofilas) |
|
|
|
Segue as fases do proceso creativo/científico |
|
|
|
Coida a limpeza e presentación |
|
|
|
Conclusión
Elaborar este proxecto foi unha experiencia moi gratificante tanto pola motivación e implicación do alumnado participante como pola colaboración dos dous departamentos (Bioloxía e Debuxo). Foi unha actividade diferente, lúdica e experimental na que o estudantadoacadou uns amplos coñecementos sobre as principais plantas, minerais e animais dos que se poden obterpigmentos e colorantes naturais da contorna, así como as diversas técnicas artísticas que empregan a cor e experimentos científicos a través dos cales se poden obter diferentes gamas cromáticas para a elaboración dun receitario de pintura artesanal a semellanza dos procedementos clásicos e medievais.
Con todo o traballo fíxose unha exposición nas dependencias do centro.
Fotos da exposición