O sistema dual na formación profesional en Alemaña

O sistema dual na formación profesional en Alemaña

Un extracto da Keynote Speech on Dual Vocational Training International Conference 2005 Taiwan / 25 de abril de 2005 by Dr Gisela Dybowski, Head of Department, Research an Service Concept Development/ International Vocational Training/Education Marketing
Descrición do sistema alemán de formación profesional (VET): elementos, entidades responsables, financiamento e vantaxes.

1. O papel e a función do sistema de FP dual en Alemaña

O sistema alemán de formación profesional (VET)

Sistema VET dual (nivel secundaria superior):

Cooperación pública-privada

  • Sector privado: formación na empresa (2/3 da duración)
  • Sector público:    

a) Formación escolar (1/3 da duración)

b) Formación escolar (100% da duración, prácticas)

 


Elementos característicos do sistema dual VET de formación en Alemaña

Financiamento da educación e formación profesional (2000)

Total: 20.920 millóns de euros

  • Sector privado (empresas): 14.700 millóns de euros (73%)
  • Sector público    

a) Formación escolar a tempo parcial: 3.050 millóns de euros (13%)
b) Formación escolar (100% da duración) 3.170 millóns de euros (14%)

Entidades responsables do sistema dual de educación e formación profesional

A cooperación dos responsables no sistema dual da educación e formación profesional

Consellerías de Educación federais, ministerio do Estado, empregadores asociacións e sindicatos desenvolven:

  • Perfil de títulos/estándares da formación profesional/obxectivos de aprendizaxe
  • Obxectivos de avaliación final
  • Duración e contidos dos programas de formación
  • Nivel das cualificacións
  • Criterios para a xestión de calidade

Infraestrutura organizadora a través das cámaras

Case 430 en todos os sectores da economía, principalmente do comercio, industria e oficios actúan en nome das autoridades públicas de formación

  • Acreditación da empresa formadora
  • Validación, xustificantes e certificación
  • Seguimento e validación do proceso formativo
  • Mantemento de centros de formación para a formación continua


2. Eficacia e eficiencia do sistema dual de FP

Vantaxes da formación profesional dual estruturada

 - Para as empresas

  • Asegurar as novas xeracións de man de obra cualificada.
  • Baixos custos de contratación de man de obra.
  • Influencia sobre o contido e a organización da formación segundo as necesidades do mercado.

As vantaxes da formación desde o punto de vista das empresas:

  • O mellor modo para introducir empregados na estrutura dunha empresa - 75%
  • Aumenta o valor empresarial da empresa - 72%
  • Evita o risco da escaseza de man de obra cualificada - 61%
  • Baixos custos de contratación e familiarización do novo operario - 66%
  • Contribúe de xeito decisivo á futura competitividade da empresa - 64%

Empresas, patronais e sindicatos elaboran os contidos xuntos.

Vantaxes da formación profesional dual estruturada

- Para os aprendices

  • Formación no mercado laboral real, é dicir, que teñen mellores saídas para atopar un posto de traballo despois de superar a formación; estándares uniformes de cualificacións.
  • Adquisición de habilidades sociais, desenvolvemento da personalidade.
  • Situación motivadora (gañan un soldo e aprenden á vez).
  •  

Gama dos títulos obtidos no sistema dual:

Execución - planificación - seguimento

  • Competencia persoal e social
  • Capacidade de traballar en equipo
  • Vontade de colaborar
  • Conciencia do impacto da tecnoloxía e do papel que xoga a creatividade
  • Motivación
  • Capacitación de tomar decisión

Competencias ocupacionais

  • Confidencia en manexar máquinas e instalacións
  • Comprensión profunda de sistemas

Competencia metodolóxica

  • Razoamento profundo e lóxico
  • Estratexias para resolver problemas
  •  

Soldos medios durante a formación profesional dual en sectores seleccionados

Vantaxes da formación profesional dual estruturada

 - Para o estado

  • Posibilidade de ofrecer formación profesional a todos os mozos que saen da educación xeral
  • A contribución do sector privado alixeira a presión sobre o orzamento público
  • Atopar socios para o desenvolvemento de estándares competitivos de formación nacionais

Oferta e demanda de postos de formación

Ata 1996 suficiente oferta, ata 2007 máis demanda ca oferta. Co decrecemento demográfico, xa non hai suficiente mocidade para a formación no futuro.

Os países coa formación profesional dual teñen menores taxas de desemprego xuvenil e poden recuperar máis efectivamente os mozos que abandonaron o sistema formativo.

3. Resumo

  • Responsabilidade compartida entre o sector público e privado
  • Educación e formación profesional realízanse en empresas e escolas de FP con quenda reducida (por exemplo, 3 días na empresa, 2 días na escola)
  • Aproximadamente 360 titulacións recoñecidas no ámbito nacional
  • 1,6 millóns de aprendices, o 41% deles son mulleres
  • Aproximadamente 484.000 empresas que proporcionan formación (arredor do 23,3% do total de empresas)

Requisitos previos para o sistema dual da formación profesional en Alemaña

(1) Compromisos estratéxicos

  • Un amplo consenso na sociedade para lle ofrecer FP a toda a mocidade que sae da educación xeral.
  • Un concepto estratéxico e capaz para a formación dos futuros profesionais en cooperación coas empresas.
  • Unha decisión estratéxica top-down adoptada polo Goberno e polos empregadores para implantar un sistema formativo en cooperación.
  • A disposición do sector público (goberno, escolas) para aceptar o sector privado como socio paritario na materia de educación e formación profesional.
  • A disposición do sector privado de aceptar o control de calidade da súa educación e das súas actividades formativas.
  • Unha lei fundamental de educación (decreto de FP) que regula os papeis dos actores sociais.

(2) Compromiso legal: a lei da formación profesional

  • Asociación público-privada: determina o papel dos actores sociais, os seus dereitos e deberes.
  • Regulacións claras de financiamento: as empresas cobren os seus propios gastos de formación (por exemplo, o soldo do aprendiz, o custo dos formadores, materiais), o financiamento das escolas por parte do Goberno.
  • Investigación no campo da educación e da formación profesional e a mellora/desenvolvemento de programas formativos.
  • Infraestrutura organizativa a través das cámaras: acreditación de empresas que ofrecen formación, rexistro dos contratos de formación e das experiencias laborais, exames e certificación.
  • Elementos fundamentais de educación e formación profesional: os compoñentes necesarios de estándares para a formación profesional; regulación do contrato de formación; regulación do recoñecemento da aprendizaxe precedente; pagamento do aprendiz etc.
  • Instituto Federal para a Formación Profesional (BIBB): plataforma para o diálogo entre os que deciden, instituto de desenvolvemento e investigación, desempeña actividades de investigación e desenvolvemento e actúa como institución asesora para a toma de decisión política e práctica.

Exposición máxima á realidade do traballo

Encontro entre demanda e oferta

Taxa relativamente baixa de desemprego xuvenil

Vasta gama de competencias

Mellor empregabilidade

Sección: