
Aulas sen paredes
Título: Aulas sen paredes
Subtítulo: Nova metodoloxía didáctica para a aprendizaxe de linguas no ensino secundario
Autor/a: Rosalía Fernández Rial
Editorial: Edicións Positivas
Ano: 2016
Páxinas: 472
Contido:
O novo proxecto ‘Aulas sen paredes’, un estudo teórico-práctico derivado da tese de doutoramento da súa autora, Rosalía Fernández Rial, propón novas estratexias pedagóxicas para as aulas de lingua a través de ferramentas tan innovadoras no ensino e na aprendizaxe lingüísticas como a expresión dramática e teatral.
Baseado na investigación académica, o volume coeditado por Edicións Positivas e mais pola Xunta de Galicia, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, inclúe un marco teórico, un programa didáctico práctico desenvolto no IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela, e mais un documental que reflicte a devandita experiencia didáctica (libro +DVD)