Os lapis primos

Título: Os lapis primos

Autor/a: José A. Ramírez Lozano

Ilustrador/a: Natalie Pudalov

Editorial: OQO Editora

Ano: 2016

Páxinas: 40

 

Contido:

Xa sabemos que para escribir podemos utilizar lapis, bolígrafos, plumas, rotuladores, xiz... mais, que pasaría se tentásemos facelo cos primos dos lapis? Quen veñen sendo?
Para descubrilo, o autor José Antonio Ramírez Lozano mergúllanos nun mundo de fantasía no que xoga a experimentar con novas formas de escritura. Desta maneira, páxina tras páxina, o lector sorprenderase coas diferentes oportunidades que lle brindan os diversos utensilios propostos polo autor.
Un álbum no que texto e imaxes se complementan e se alían para amosar, desde un punto de vista que quizais nunca tiñamos contemplado, as infinitas posibilidades da escritura.

Sección: