1012
1012
Varias cosas gobiernan a los hombres: el clima, la religión, las leyes, las máximas del gobierno, los ejemplos de las cosas pasadas, las costumbres, las maneras (...)
De ello resulta la formación de un espíritu general.
Montesquieu. El espíritu de las leyes
Como é sabido, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocou un proceso de selección de novos profesores e profesoras mediante a Orde do 4 de abril de 2016 pola que se convocan 1012 prazas correspondentes aos diferentes corpos docentes.
Trátase, pois, dunha oferta de emprego público realmente importante, con moito á máis elevada destes últimos anos, presididos por unha profunda crise económica que lle impedía ao goberno autonómico cubrir ao 100 % as correspondentes taxas de reposición de persoal. Finalmente, púidose facer e pode afirmarse que este próximo mes de setembro “os 1012”, esperados compañeiros e compañeiras, estarán xunto a todos nós para iniciar un novo curso. Máis dun milleiro de profesionais que demostraron o seu tesón e estudo, o seu mérito e a súa capacidade para integrarse con pleno dereito na gran familia do ensino público galego.
A Revista Galega do Ensino-EDUGA, como órgano esencial de expresión deste colectivo, non pode verse allea a tan singular procedemento e dálles a máis cordial benvida aos novos docentes que agora se incorporan, deséxalles unha longa carreira de éxitos no seo da Administración pública e bríndalles, como non podería ser doutra maneira, o espazo desta revista educativa para a difusión dos seus proxectos, innovacións e investigacións.
Na esperanza de que este número 71 da revista sexa do vosos agrado, desexámosvos unhas felices vacacións e todos e todas.
Juan Granados
Director da Revista Galega do Ensino-EDUGA