O Principiño

Título: O Principiño

Autor: Antoine de Saint-Exupéry

Tradutor: Rodrigo Vizcaíno Bravo

Editorial: Urco Editora

Ano: 2015

Páxinas: 97

Contido:

No medio do deserto agardamos atopar camelos, serpes, oasis, sobre todo, area, moita area. Mais o que non agardamos atopar é un principiño, un rapaz curioso e preguntón que non dá nada por sentado e sempre quere saber o porque e o como das cousas. Un rapaz que é quen de facer que nos cuestionemos mesmo o máis básico das nosas ideas. O principiño é a novela máis traducida do francés, contando xa con 273 versións. É apreciada por lectores de diversas culturas polo seu tratamento de temas universais (amor, amizade, vida e morte) e pola súa visión desde a perspectiva dun cativo, inxenua e simple que, porén, fai que o lector, xunto co protagonista, se cuestione as súas nocións máis básicas.

Sección: