Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Introdución

1.1. Datos básicos do centro

  • Nome: CPR. Plurilingüe Las Acacias – Montecastelo
  • Dirección: Dr. Paz Pardo, 90 – 36214 Vigo (Pontevedra)
  • Correo: cpr.fpmontecastelo@edu.xunta.gal
  • Páxina web: https://www.ciclosmontecastelo.com
  • Nº Alumnos: 416
  • Nº Profesores: 20

 

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O centro FPMontecastelo comezou a súa andadura no curso 1966-67 co obxectivo de axudar a pais e nais na educación dos seus fillos, e ofrecer ás familias e á sociedade de Galicia unha educación de calidade, integral, creativa e innovadora. A maioría das familias do colexio son de nivel sociocultural medio. Proceden de zonas residenciais de Vigo e de localidades próximas coma Pontevedra, Baiona, Marín e arredores. Como parte da educación, na que se pretende axudar ás familias, está o uso adecuado das tecnoloxías. No noso centro está a apostarse desde hai tempo polo fomento das mesmas incorporando taboleiros dixitais como ferramenta didáctica nas aulas, o uso de ultraportátiles por gran parte do alumnado en substitución de libros físicos, emprego da intranet para o intercambio de información entre o colexio e as familias,.... Pero o uso da tecnoloxía ten tamen sus perigos. Para formar aos alumnos e as súas familias no bo uso da tecnoloxía realízanse periodicamente charlas nas que tanto expertos tecnolóxicos como dos corpos de seguridade do estado móstrannos por unha banda boas prácticas e por outro perigos dun uso inadecuado. Como parte desa aposta do colexio pola tecnoloxía poténciase a participacion do alumnado en concursos /proxectos onde esta sexa a protagonista. Exemplos disto é a nosa participación na Regata Solar de Marine Instruments, Galicia Skills, FP Innova,...

Outra aposta desde o noso centro pola tecnoloxía é elección de ciclos formativos para formar parte da nosa oferta formativa. Neste sentido se han incorporado, aos que xa se viñan impartindo no noso centro (Sistemas Microinformáticos e Redes, Instalacións Eléctricas e Automáticas e Automatizació e Robótica Industrial), os ciclos de Desenvolvemento de Aplicacións Web, Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma e Ciclos Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede. No Plan Dixital desenvolvido contémplase a mellora na dotación destes ciclos co fin de proporcionar a mellor calidade no noso ensino.

O Plan Dixital pode ser un medio para seguir impulsando a incorporación de ferramentas tanto hardware como software no ámbito académico y por eso pasará a formar parte dos documentos importantes figurando no Proxecto Educativo do Centro para o curso 2023/24 xunto co resto dos documentos e plans da organización.

 

1.3. Breve xustificación do mesmo

O Plan dixital do noso centro foi elaborado no contexto das seguintes normativas:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022
  • Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia
  • Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 

1.4. Proceso de elaboración

O Plan Dixital do Centro foi elaborado seguindo unha serie de pasos ata chegar ás conclusións finais. Comezouse coa realización dun SELFIE no que se obtivo unha instantánea do punto no que se atopa na actualidade o noso centro en relación coa estratexia e a práctica no uso das tecnoloxías dixitais da ensinanza e aprendizaxe dende o punto de vista de equipo directivo, o profesorado e o alumnado. Dita instantánea serviu de punto de partida para identificar e analizar fortalezas e debilidades que se plasmaron nun diagrama DAFO. Co fin de poder planificar a formación futura do profesorado no ámbito dixital realizouse, tamén, un Test de Competencia Dixital no que participaron os profesores do centro. A última fase foi o establecemento dos plans de acción e os seus obxectivos.

Con toda información recollida nas accións anteriores elaborouse un Plan Dixital de Centro que se presentou para a súa aprobación no consello escolar que se celebrou hoxe 6 de Novembre.

Para a elaboración de dito plan contouse coa participación de toda a comunidade educativa, sendo o coordinador do proceso Enrique Prieto Magán. Por parte da Xunta asesorounos e axudounos Dña. Guadalupe Rodriguez.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
  • Informe SELFIE
  • Test CDD
  • Reflexions obtidas tras diversas reunións de claustro
Interno
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Falta de material específico nalguns talleres como, por exemplo, equipos mais equipos servidores para prácticas de redes de ordenadores, mais robots para prácticas de robótica,... Infraestruturas Non
Debilidade Necesidade de plantar cara aos distintos problemas que expón o uso de aplicacións de intelixencia artificial por parte dos alumnos á hora da resolución das tarefas expostas na aula. Infraestruturas Si
Debilidade Necesítanse cursos actualizados sobre equipos e tecnoloxias concretas para que a actualización sexa mais axil. Persoal docente Non
Debilidade Necesidade de adaptar os temarios para que, cumprindo cos contidos esixidos polo curriculo do ciclo, incorporen as últimas tecnoloxías demandadas polas empresas. Persoal docente Si
Debilidade Necesidade de mellorar o proceso de matrícula dos alumnos no centro para axilizar o mesmo Persoal non docente Si
Fortaleza Dado que a maioría dos ciclos que temos son do eido da tecnoloxia, os nosos alumnos sempre están abertos o uso de novedades neste senso e a adaptación no e complexa Alumnado Non
Fortaleza Equipamento do colexio: Rede de fibra de 1 GB para acceso a Internet, cobertura de Internet en todo o colexio grazas a instalación de numerosas antenas Wifi. Instalación de taboleiros dixitais e televisores para proxección de contidos. Infraestruturas Non
Fortaleza Utilizamos tecnoloxias que nos permiten poder impartir formación a distancia Infraestruturas Non
Fortaleza Temos replicas de entornos reales para a práctica das habilidades adquiridas mediante simuladores. Infraestruturas Non
Fortaleza Dada a natureza dos ciclos que se imparten no centro o persoal está en continua mellora para tratar de adaptarse as necesidades de empresa. Persoal docente Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Incremento do número de centros que imparten os mesmos ciclos que o noso centro Contorna Si
Ameaza Avances tecnolóxicos que obrigan ao centro para estar en continua formación e modernizando os seus equipos. Contorna Si
Ameaza Problemas derivados de la nueva legislación en lo referente a la realización del módulo de prácticas en la empresa. Lexislación Non
Oportunidade Bo momento, grazas ás axudas europeas para a modernización dixital das empresas, para a realización de prácticas e contratación posterior dos alumnos dos nosos ciclos máis técnicos. Contorna Non
Oportunidade Participación en proxectos europeos a través do programa Erasmus Contorna Non
Oportunidade Formación en nuestras instalaciones, por parte de las empresas, en contenidos propios que serán utilizados por nuestros alumnos en las prácticas. Contorna Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Logo de recoller información do SELFIE e do Test CDD, analizouse a mesma e completouse coas reflexios do Equipo de Dinamización do Centro xunto co resto de Claustro obtendo un informe de conclusións.

Os seguintes pasos foron:

  1. Co informe de conclusións elaborouse un DAFO non que quedaron rexistradas as FORTALEZAS E DEBILIDADES a nivel interno e as OPORTUNIDADES e AMEAZAS a nivel extreno.
  2.  Tendo en conta ou contido do DAFO se plantexaron obxectivos cos que se pretende solucionar as debilidades do centro e afrontar as ameazas que se evidenciaron. Para iso tense en conta as fortalezas que teñe ou centro e as posibles oportunidades que poden xurdir.
  3. Determináronse, para cada obxectivo, os puntos de partida nos que nos atopamos e tamén a porcentaxe de conxecución que se pretende acadar en cada un deles non vendeiro ano. Estableceuse tamen a temporización e os recursos necesarios, tanto materiais como humanos.
  4. Se estableceron as accións precisas para acadar cada obxectivo. Para cada unha delas designouse un responsable e determináronse quen ten que ser os impulsores. Co fin de poder avaliar o seu cumprimento establecéronse tres posibles estados: acadado, parcialmente ou pendente. 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
001PD Proporcionar ao alumnado, neste caso de Robótica, coñecementos prácticos nun campo moi demandado na actualidade nos procesos industriais. Trátase de que, mediante a adaptación dunha Raspberry Pi como dispositivo industrial, póidase comunicar esta con unha cámara para realizar prácticas de visión artificial utilizando para iso algoritmos de intelixencia artificial.
002PD Mellorar o proceso de matrícula dos alumnos no noso centro de formación profesional. Para iso preténdese a xeración de arquivos .pdf, a través de datos introducidos nun formulario de Google, coa firma dixital.
003PD Tratar de erradicar o uso de aplicacións de intelixencia artificial á hora de realizar tanto prácticas como exames na aula. Para iso preténdese introducir nos equipos do centro un software de control dos computadores e administración da aula..

Seguimento

Procedemento

O equipo de dinamización do Plan Dixital realizará, alomenos, unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións deste plan.

Pedirase a colaboración da  persoa mentora ADIX para o desenvolvemento do proxecto.

A persoa coordinadora do Plan Dixital terá acceso á ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste plan.

1º Trimestre

AO1.1: Adquisición del material a utilizar: Elección del modelo de cámara y Raspberry Pi óptimos y compra de los mismos. Acadado

2º Trimestre

 

AO1.2: Configuración y pruebas para lograr la comunicación , mediante protocolos industriales, de la Raspberry Pi con autómatas y ordenadores. Acadado
AO1.3: Comunicación de la Raspberry Pi con la cámara. Acadado

AO1.4: Análisis y elección de modelos de IA para el entrenamiento de cara a la identificación de determinados objetos por parte de la cámara.Acadado

AO2.1: Analise do actual proceso de matrícula coa finalidade de recoller todolos datos que son necesarios almacenar, así como determinar que partes del proceso poden ser obxecto de dixitalización. Acadado
AO2.2: Analizar as distintas linguaxes de programación e frameworks co fin de determinar cales son as ferramentas máis optimas para a elaboración do software. Establecer onde será aloxado este desenvolvemento así como determinar quen van ser os usuarios e que permisos terá cada un deles. Acadado
AO3.1: Análise das distintas aplicacións que se atopan no mercado. Acadado
AO3.2: Instalación, configuración e probas de distintas opcións seleccionadas na etapa anterior co fin de determina cal se adapta mellor ás necesidades do centro. Acadado
AO3.3: Implantación nunha aula co fin de analizar o seu correcto funcionamento e a súa eficacia. Acadado
 

3º Trimestre

AO1.5: Explicar o alumnado o uso destes dispositivos para o seu uso nas prácticas. Acadado

AO2.3: Desenvolvemento da aplicación en base aos requirimentos e ferramentas determinados nas etapas anteriores. Non acadada
AO2.3: Realización de probas para o testeo da aplicación antes da súa posta en produción. Non Acadada

AO3.4: Formación o resto de claustro para proceder a la instalación e uso no resto das aulas do centro. Acadado

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para a avaliación do Plan Dixital tomarase como criterio a información que nos ofrezan os indicadores do Plan de Acción. A persoa coordinadora do equipo de dinamización do Plan Dixital será a encargada de coordinar esta avaliación.

Realizarase unha avaliación procesual ao remate de cada trimestre do curso 2023-24. Os aspectos que se valorarán incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

Ao finalizar o curso, coincidindo coa última sesión da avaliación procesual, farase unha avaliación global na que se realizará unha valoración do logro dos obxectivos e se establecerán propostas de mellora.

Toda a información que nos reporten a avaliación será tida en conta tamén para a elaboración do Plan Dixital do seguinte curso, que correrá paralelo ao desenvolvemento do actual.

Valoración xeral

Dende o equipo de cocrdinación do plan dixital valoramos o mesmo positivamente, as duas accions que non acadamos pertencentes ao procedemento para realizar a matrícula no centro cambiaron o longo do ano non sendo necesaria a realización das mesmas. 

 

Proposta de mellora

Para o vindeiro curso plantexámonos montar un rack para que o alumnado traballe nas máquinas virtuais instaldas nos servidores que estarían aloxadas nese armario. 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este Plan Dixital será presentado aos órganos colexiados do Centro, Claustro de Profesores e Consello Escolar. Así mesmo, será publicado na páxina web do centro e na Aula Virtual do Centro. Ademais, unha copia impresa quedará a disposición da Comunidade Educativa, na secretaría do Centro, e poderá ser consultada por quen o solicite.